Tenda

Aquí tes os distintos deseños recuncheiros, con referencias á canle e a videoxogos. Lembra que poderás escoller á cor e tallaxe da camisola e que tamén tes estes deseños en cuncas, fundas, bolsas...

E ti de Ken vés sendo?

Quen protagoniza o novo deseño da tenda de Recuncho Gamer?
Ken protagoniza o novo deseño da tenda de Recuncho Gamer.

Kratos combinados

O prota do God of War sumérxese na mitoloxía suiza, concretamente a do Bar Suizo, combinado número 2, con patacas.

Rúas da Furia

Este clásico de bater a eito chega á tenda recuncheira

Mosteiro de Samus

A heroína de Nintendo pasará a súa última misión cun recollimento espiritual en Lugo

Mondoñedo Hill

Que misterios haberá tras esa néboa da AP-8?

Logo Recuncho

O deseño básico co logo de Recuncho deseñado por Antón Lezcano. Loce o teu orgullo recuncheiro!

The Legend of Celga

Deseño inspirado no clásico xogo de Nintendo protagonizado por Ligazón: "The Legend of Celga: A Ligazón para a RAG"

Outeiro Verde

Quen coñece as orixes de Sonic sabe que todo comezou no Outeiro Verde

Sim Galego Internacional

A brincadeira é mala, mais se a entendedes xa deberíades ser xente acostumada ás que fai @emgalego

Monty Castanheira

A toupa da franquía de Mario é unha apaixoada das castañas... que? non sei de que actor me fala.

Bombeiro

Neste xogo de poñer bombas por labirintos as bombas póñenas os bombeiros.

Con dinosauros, 23% mellor

Xa sabedes que en Recuncho Gamer defendemos que calquera videoxogo (ou peli, serie, etc...) que conte con dinosauros mellora un 23%. 

Así que aquí tedes este deseño co dinosauro en dúas cores: negro e branco, para que o combinedes coa cor que máis vos preste.